El otro día quedaron en el aire algunas cuestiones derivadas de la presentación de arquitectura corporativa. Os dejo un par de lecturas sobre el tema (uno y dos y un enlace al Manual de Identidad Visual Corporativa de la Xunta de Galicia, para que os acerquéis un poco a la complejidad de respuestas que debe contener.
A identidade e arquitectura corporativa cobran importancia nos últimos anos. Como xa vimos na clase un gran número de empresas que recorren a ela con varios obxectivos: entre eles crear unha boa imaxe da marca para así maximizar os seus beneficios e conquistar a máis persoas. Isto é cada vez máis presente nas marcas. Estas fan que o público se identifique con elas. Eu como persoa que vai mercar, por exemplo, unhas zapatillas Nike ou outra marca me sinta identificado con ela e comparta os seus valores. Para isto recorremos a comunicación corporativa, unha técnica que leva activa dende a retórica pero que nos últimos anos se incrementa cada vez máis. Engadir que cada vez é máis positivo ter unha identidade corporativa ben definida xa que te vai axudar a diferenciarte dos teus competidores dentro do mercado, onde cada día aparecen empresas novas ou en caso de crise da marca pode axudar a remontar. Con isto quérese vender algo máis que un produto.
Polo tanto é unha boa estratexia coidar todos os elementos identificativos, como pode ser a identidade visual, ou dentro desta o logotipo. Tras ver o documento do logo de Xunta de Galicia dinme de conta da importancia que ten o emprego deste dunha determinada forma para manter estabilidade, e é que é o logotipo o maior símbolo de identificación. Cun simple cor ou forma sabemos a quen pertence determinada imaxe.
En conclusión debemos ter en conta este aspecto da comunicación corporativa xa que nos é de gran axuda para diferenciarnos e transmitir a ese público cada vez máis segmentamos que non só buscamos un beneficio, senón que a propia empresa ten uns valores e os quere poñer en contacto cos seus consumidores. Outra cuestión que non podía deixar sen comentar é que unha característica desta comunicación, que aparecía nun dos textos, era que esta tiña que ser transparente, porén eu preguntome ata que punto hai transparencia por parte das empresas? Penso que empresas como a de Amancio Ortega ou outras marcas como Adidas só nos transmiten certos valores que a eles lle conveñen e ocultannos outros. A transparencia polo que vemos debe ser esencial, pero non sei ata que punto existe nestes casos.