Algo de lectura para estos días de otoño.

Os dejo una selección cuidada de textos para que vayáis leyendo estos días. Se trata de adentrarse en distintos aspectos del asunto que nos ocupa, la publicidad. Forman parte de la asignatura y requieren una lectura pausada, reflexiva y crítica.Planificación estratégica Ferlosio Creatividad y Creatividad al servicio de la estrategia

Disfrutar.

 

Un comentario en “Algo de lectura para estos días de otoño.”

  1. Sen dúbida, é a crítica reflexiva de Sánchez Ferlosio a que máis incentivou unha reorganización de aspectos relacionados co mundo publicitario no que á miña persoa refire. Se cadra nunca antes detivera a miña atención en conceptos máis alá do puramente teórico, mais a lectura de Non Olet fixo activar un mecanismo de cavilación e reflexión sobre a realidade que a publicidade crea. Porque tra-las verbas de Sánchez Ferlosio, un decátase do poder da publicidade para atopar novas necesidades humanas ás que dar satisfacción; do poder para, en realidade, crearnos a nós, consumidores; do poder para converter o consumo nunha das máis acérrimas formas de ocio; do poder, en suma, de crear unha realidade afín aos seus intereses na que o consumidor, o engando por excelencia, defenda a farsa da que está ser partícipe e, tristemente, vítima, e tentando éste de adaptarse ás novas estruturas. Mais, no transfondo, impera unha das máis antigas incentivacións que o ser humano leva adscritas: a prosperidade económica.
    Sánchez Ferlosio fai unha minuciosa reflexión sobre a capital importancia da inclusión ao mundo laboral da muller para despuntar un consumo que carecía de confianza e que hoxe se consolidou coma un dos principais recursos económicos da publicidade: a cosmética. Isto válelle ao autor para derivar o valor que o mundo publicitario e laboral lle confire á beleza, sobre todo, facendo especial fincapé no xénero feminino.
    Deixando a un lado un texto reflexivo, crítico e persoal coma o elaborado por Rafael S. Ferlosio, centro a miña atención nas outras tres propostas de lectura, sen dúbida dun carácter moito máis teórico e técnico. Os tres artigos recollen aspectos vinculados coa estratexia, pois a pesar de que un deles trata en exclusiva a creatividade ésta non deixa de ser, xunto coa innovación, un dos compoñentes básicos da estratexia que toda empresa debe levar a cabo para elaborar un campaña de éxito (teoricamente). Así, o lector percibe conceptos que, probablemente, sexan do seu coñecemento aínda que, no seu día a día, non poña a súa atención porque realmente a publicidade é efectiva no seu cometido: persuadir. E ésta é sen dúbida, para min, a grandeza da publicidade, pois a través da creatividade dos seus profesionais, é quen de sorprender, de seducir, de emocionar mediante as palabras, imaxes e sons que todos temos ao noso alcance pero ás que, na maioría das veces non somos quen de darlles forma. Se cadra porque, botando man da reflexión do parágrafo primeiro, nós somos o verdadeiro produto da publicidade.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: